O Concello de As Pontes, organiza un amplo programa festivo para as datas de Nadal. A programación comeza a mediados de decembro co acendido da iluminación de Nadal e diversas actividades culturais e remata o 5 de xaneiro coa cabalgata de Reis. As actividades inclúen festivais de panxoliñas, de baile moderno, danza clásica, cine, obradoiros para rapaces, teatro, e dende este ano por primeira vez un belén vivinte. A programación de Nadal remata coa chegada dos Reis Magos á vila de As Pontes e a tradicional cabalgata.