Lecer
Festas

 

Feira de Fungos e Cogomelos

Feira de Fungos e Cogomelos

A Feira de Fungos e Cogomelos celébrase o 1 de novembro. A primeira feira organizada pola Asociación micolóxica Poupariña foi no ano 1989. Paralelamente ao concurso e exposición de cogomelos celébranse outras actividades, sobre todo, as relacionadas coa gastronomía dos fungos. Á xa coñecida degustación popular, engádense cursos monográficos de cociña, e maridaxe. Ademais organízase unha exposición dos traballos presentados ao concurso “O mundo da micoloxía” de todos os escolares de As Pontes, e do que sae sempre o cartel anunciador da feira.