I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DOCUMENTAL EN FORMATO DIXITAL
CONCELLO DAS PONTES
“NATURALMENTE AS PONTES”
Participantes
Establécense dúas categorías:
- Categoría Premio Xeral: para poder presentarse, o único requisito que teñen que cumprir os interesados é ter cumpridos os 16 anos.
- Categoría Premio Especial Estudantes das Pontes: os concursantes deberán estar escolarizados nalgún dos centros educativos de primaria, secundaria ou formación profesional do Concello das Pontes e non ter cumpridos os 16 anos.
Temática
Natureza, Medio Ambiente e Patrimonio do Concello das Pontes de García Rodríguez.
Obra
Pódense presentar un máximo de 3 fotografías por participante. Deben ser fotografías non premiadas, nin presentadas en ningún outro concurso que estea pendente de resolución.
Prazo de presentación
A data de recepción de orixinais vai do día 14 de abril ao 15 de xuño de 2010.
Descargar
bases do concurso