Concello
Servizos municipais

 

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) é un servizo que o concello pon a disposición dos veciños e que ten como funcións, entre outras, as seguintes:

Ofrecer información, axuda e orientación aos consumidores/as e usuarios/as para o axeitado exercicio dos seus dereitos.

A indicación dos enderezos e principais funcións doutros centros, públicos ou privados, de interese para os consumidores/as e usuarios/as.

A atención, recepción e rexistro das queixas e reclamacións dos consumidores e consumidoras, tramitándoas e remitíndoas ás entidades ou organismos correspondentes.

Colaborar co Sistema Arbitral de Consumo para a resolución de queixas e reclamacións.

En xeral, a atención aos consumidores/as e usuarios/as para a protección e defensa dos seus intereses.

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) está situada no primeiro andar da Casa do Concello e o seu horario de atención ao público é de 8.00 a 15.00 horas de luns a venres.