Ao entrar na web do Concello de As Pontes, accedes á nosa localidade por un dos múltiples camiños que esta vila diversa, e sempre chea de sorpresas, che ten reservados. As novas tecnoloxías son, sen dúbida, un símbolo da esencia e modernización de As Pontes, como canle de comunicación e información actual e de interese público. O Concello de As Pontes dáche a benvida a través da súa web como o fai cada día a través do seu carácter aberto e integrador, coa certeza de que a túa contribución te convirta en protagonista ao conformar este gran espazo de diálogo intercultural.
Convídote a que participes activamente nos espazos que che temos reservados e desexo que esta nova ferramenta de comunicación, información e recursos faga máis doado o teu contacto coa Adminsitración local, así como que coñezas e descubras a través desta páxina a nosa cultura, a gastronomía, os espazos abertos e de lecer, a nosa industria e comercio, ... en definitiva, que descubras e compartas os encantos desta vila industrial: AS PONTES.
Un saúdo,
Valentín González Formoso