
Lugar: Auditorio M. Cine Alovi
Xénero: DANZA infantil
Público: TP (familiar)
Duración: 60 min.
Autor: Victor Ullate Roche e Blas Moya
Dirección: Carmen Roche
Adaptación: Victor Ullate Roche e Blas Moya
Escenografía: Asier Sancho Fenosiain
Son: David Ordinas
Iluminación: Nicolas Fischtel
Vestiario: Chaumen
Elenco: Ana Ponce, Ron Peri, Federico Plee, Rosina Gil, Gwenaelle Poline, Edgar Chan, Iván Truhín, Amaya Galeote e Reyes Ortega
"El Patito Feo", é unha obra dirixida principalmente a un público familiar e infantil, tratando valores universais como a amizade, o amor, cun enfoque máxico, dando lugar a un proxecto novidoso e cheo de vitalidade.
A coreografía, está a cargo de Tony Fabre que nos presentará unha fusión de estilos, desde o clásico e neoclásico, pasando polo contemporáneo, hip-hop e breakdance, para o que contará con bailaríns de primeiro nivel en cada un dos estilos, incluíndo a colaboración dos mellores bailarins participantes no programa televisivo de Fama.
A dramaturxia, dirixida por Víctor Ullate Roche, aproveitará todos os elementos lúdicos que ofrece unha peza como esta, combinando unha narrativa amena e atractiva cos matices dramáticos que require o espectáculo.
Desta forma, o proxecto ten como principal obxectivo asegurar a calidade artística e profesional da montaxe, para ofrecer un espectáculo que atraia e entreteña tanto a grandes como a pequenos.
VENDA DE ENTRADAS:
Sábado 7: de 11:30 a 13:30 h
Domingo 8: de 11:30 a 13:30 h e dende as 18:30 h
NOTA: entrada numeradas. Máximo 6 por persoa