As Pontes
Situación xeográfica

 

O municipio de As Pontes sitúase no Noroeste de Galicia, concretamente na comarca do Eume, na provincia da Coruña.


Non obstante a súa situación entre comarcas colócao nun envexable enclave xeográfico, entre as bisbarras da Terra Cha, Ferrolterra e Ortegal, sobrepasando mesmo o ámbito provincial en canto á súa zona de influenza de Xermade, xa en Lugo.


O Concello de As Pontes limita ó Norte con Ortigueira e Mañón, ao Sur cos de Monfero e Xermade, e  ao Oeste coa Capela, As Somozas e San Sadurniño, e con Muras ao leste.


A extensión do noso  concello, de case 250 quilómetros cadrados, convérteno no   máis grande da provincia da Coruña.


A poboación do municipio chega aos 11.850 habitantes, asentada principalmente no núcleo urbano, onde suma 10.534 persoas censadas.


Aínda que nas últimas décadas se asociou ás Pontes coa industria, o certo é que este concello conta cunha grande riqueza natural, e está  enclavado nunha boa parte do parque natural das Fragas do Eume, polo que a paisaxe, vexetación e fauna propios do val no que se asenta se combinan co bosque atlántico, ao que hai que sumar a zona de montaña, que ten, como maior altitude, o Monte Caxado, con 756 metros de altitude.