Para chegar ás Pontes, salienta o enlace por autovía (AG-64), que comunica con Ferrol e Vilalba, donde enlaza coa autovía do Cantábrico (A-8), o tramo dende Vilalba ata a A-6 en Baamonde xa está en servizo, polo que se pode seguir en autovía ata a meseta, mentras que en dirección a Asturias deberase de usar a N-634 ata a entrada en funcionamento da autovía (está prevista en 2012).
As Pontes ten saída por vía rápida gratuíta ao porto exterior de Ferrol, e está a pouco máis de vinte quilómetros da autoestrada A-6.
Moi empregada é tamén a estrada comarcal AC-141, que comunica coa costa por Cabanas (donde enlaza coa AP-9) e Pontedeume, mentres que a conexión con Ortigueira faise a través da AC-101.
Pódese chegar por carretera utlizando o servizo de autobuses da empresa Arriva. Pode consultar aquí os horarios.
As distancias para As Pontes son sempre curtas, e moi preto quedan os aeroportos da Coruña (76 km), e Santiago (120 km), que ofrecen voos estatais e internacionais con frecuencias diarias.
|
|